domingo, 26 de junio de 2016

AGARDANDO A FROITA...

Dende o centro pretendeuse fomentar o consumo da froita como unha actividade habitual na alimentación do neno/a, formando parte da súa educación integral a partir da participación no programa Aliméntate Ben.

O reparto da froita tivo lugar nas aulas de infantil 30 minutos antes do recreo e nas aulas de primaria 5 minutos antes, seguindo coas rutinas establecidas de aula. Como rutina diaria, o alumnado procedía a lavar as mans como medida de saúde e hixiene.

Os recunchos de reparto da froita variaban segundo a etapa educativa. Para os alumnos/as de primaria, realizábase no local do comedor, mentres que no caso dos alumnos/as de infantil, tiña lugar en espazos concretos como foron a aula e os espazos verdes do patio.

O reparto da froita seguía a seguinte dinámica:
- O alumnado colocábase en círculo.
- Presentábase a froita e as súas características (procedencia, textura, sabor, propiedades...).
- Os encargados/as eran os responsables de repartir a froita a todo o alumnado.
- Os restos orgánicos depositábanse no composteiro, situado na horta escolar.






Entre as actividades realizadas arredor da temática da froita atópanse:
- Elaboración dun cadro de dobre entrada onde os nenos/as rexistraron a orde no consumo da froita, o seu nome e se a froita fora ou non do seu agrado.









- Bodegón de froitas



- Obradoiro de froitas: "Contruímos caras"

No hay comentarios:

Publicar un comentario